Música e natureza para festexar o Día Das Letras

La Voz

LUGO

Actuación de Emilio Rúa na praza de Abastos de Monforte
Actuación de Emilio Rúa na praza de Abastos de Monforte

Chantada, Monforte e O Courel acolleron actos conmemorativos

17 may 2015 . Actualizado a las 18:37 h.

Acelebración do día das Letras Galegas deixouse sentir ao longo da fin de semana en diferentes puntos da provincia. En Monforte, unha actuación do cantautor Emilio Rúa pechou onte o mercado Letras e Flores, que desprazou á gastronomía do espazo central da praza de Abastos. Chantada foi escenario o día antes un concerto dedicado a Xosé Filgueira Valverde, homenaxeado no Día das Letras. Actuaron as corais de Chantada; Auria Canta, de Ourense; e Amigos da Música, de Verín. Previamente, a narradora Ana Hermida, da asociación cultural Lisístrata, ofreceu unha sesión de contacontos na biblioteca municipal chantadina. No Courel, houbo xornada de portas abertas na casa de Uxío Novoneyra. Entre os participantes estivo a responsable de medio ambiente na Deputación de Lugo, Sonsoles López Izquierdo, que aproveitou a ocasión para dar a coñecer un convenio coa fundación Novoneyra para rehabilitar a cuberta da Casa da Fonte, onde naceu o gran poeta do Courel.