«A esmorga» tamén se estrea o venres en Vilalba

X.M.P. VILALBA

LUGO

As entradas para ver a película custarán cinco euros

17 nov 2014 . Actualizado a las 14:58 h.

A esmorga tamén se estreará en Vilalba o venres. Aínda que na capital chairega xa non quedan salas de cine, a proxección, o mesmo día no que a estrea se celebrará noutras cidades e vilas de Galicia, terá lugar no Auditorio ás oito e media do serán. O domingo, ás seis da tarde, haberá outra sesión

Que a película baseada na coñecida novela de Blanco Amor se poida ver eses dous días responde unha decisión do Concello, que organiza as dúas proxeccións coa colaboración do Iescha. As entradas custan cinco euros, e xa se poden comprar na Casa da Cultura, de once da mañá a unha da tarde e de cinco da tarde a oito do serán. Tamén se poderán adquirir na taquilla do Auditorio o día da estrea. O Concello, por outra banda, advirte que é unha película recomendada para maiores de 16 anos.