Tomás Cuesta García, novo director da Escola Politécnica

lugo / la voz

LUGO

Cuesta, de Agroforestal.
Cuesta, de Agroforestal.

23 oct 2014 . Actualizado a las 22:20 h.

O profesor do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC Tomás Cuesta García vén de ser elixido novo director da Escola Politécnica Superior (EPS) do campus de Lugo, trala votación celebrada no marco da xunta de escola desenvolvida onte e na que a candidatura encabezada polo profesor Cuesta, a única presentada, obtivo 105 votos a favor dos 115 emitidos. Houbo sete abstencións e tres votos en contra.

As profesoras Rosa Romero e Ana Isabel García, como subdirectoras de Prácticas e Orientación Laboral e de Calidade e Relacións Internacionais, respectivamente, e Alberte Castro, en calidade de subdirector de Organización Académica completan o novo equipo de dirección da EPS, centro no que Montserrat Valcárcel asumirá as funcións propias da secretaría académica.

Incrementar a implicación e a participación de toda a comunidade universitaria que forma a EPS na mellora da visibilidade do centro e da súa oferta académica constitúe unha das premisas do novo equipo de goberno, que tamén se fixa como obxectivo a mellora do grao de ocupación dos titulados xa egresados.