A Nodal de Lugo ofrecerá mañá unha visita guiadas, contacontos e obradoiros polo Día internacional das Bibliotecas

Lucía Rey
Lucía Rey LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

As actividades desenvolveranse pola tarde

23 oct 2014 . Actualizado a las 13:45 h.

A Biblioteca Nodal de Lugo celebrará mañá o Día Internacional das Bibliotecas cunha variada oferta de actividades. Ás seis da tarde ofrecerá a última sesión do obradoiro "Libros. Imaxes. Curtametraxes", organizado por Xes Chapela no marco do programa de dinamización da lectura Ler conta moito. Rapaces a partir de 12 anos terán a oportunidade de descubrir nel ferramentas para a produción de curtametraxes a partir de textos da biblioteca. Á mesma hora, terá lugar unha sesión de contacontos titulada "O novo home do saco", dirixido a nenos de 4 a 12 anos, previa inscrición no 982 228 525. Ademais, a biblioteca promoverá dúas visitas guiadas polas súas instalacións. Unha será ás 12 da mañá e outra ás 19 horas.