O deputado do BNG Cosme Pombo defende no Parlamento a ILP para dotar de servizos ao HULA

L.R. LUGO / LA VOZ

LUGO

Reclama que «se respecte a redación orixinal» presentada no Parlamento de Galicia o 25 de marzo

08 oct 2014 . Actualizado a las 20:08 h.

O deputado do BNG por Lugo, Cosme Pombo, presentou hoxe no Parlamento unha proposta de resolución sobre a ILP (iniciativa lexislativa popular) para dotar de servizos ao HULA (Hospital Universitario Lucus Augusti). No texto, que será tratado polo pleno da cámara hoxe, pídese que «se respecte a redación orixinal» da ILP, que foi presentada no Parlamento de Galicia o pasado 25 de marzo, e que recibiu o apoio unánime das forzas da cámara galega (PP, PSOE, AGE e BNG), logo de ser avalada por 41.095 sinaturas de cidadáns. Os nacionalistas presentan a proposta no marco do debate sobre o estado da autonomía que se celebra estes días. «Para o BNG é fundamental que a aprobación definitiva da mesma non conteña cambios substanciais que desvirtúen a petición fundamental de que o Hospital de Lugo sexa dotado cos servizos de hemodinámica 24 horas, radioterapia e medicina nuclear», resaltou Pombo. «Os galegos teñen que ser tratados con igualdade no eido sanitario, independentemente do seu lugar de residencia», manifestou.