O Concello de Lugo presenta o número 17 da revista «Xistral»

Lugo / La Voz

LUGO CIUDAD

CEDIDA

02 oct 2014 . Actualizado a las 21:09 h.

O salón de plenos de Lugo acolleu esta tarde a presentación do número 17 da revista «Xistral», Revista Lucense de Creación Poética, que publica o Concello. Ademais da concelleira de Cultura, Carme Basadre, no acto tamén participaron a Deputada provincial de Economía, Pilar García Porto, e o Coordenador de Xistral Camilo Gómez Torres. Basadre destacou que ó Concello comprácelle "por voz e dar participación ós poetas, tanto ás novas xeracións como ós xa consagrados”. Nesa liña deulle os parabéns ós poetas participantes neste número e agradeceu expresamente o labor que desenvolve Camilo Gómez Torres para facer posible a continuidade desta publicación. A presentación do número 17 de XISTRAL, que recolle poesías de 53 poetas e leva, ademais, catro ilustracións en cores obra da artista lucense Noa Persán, completouse cun recital de poetas que publicaron neste número.