A homenaxe que A Quenlla recibirá en Meira presentouse en Santiago

La Voz

MEIRA

FOTO CEDIDA

O Pedregal de Irimia e o centro da vila serán os escenarios dos actos do domingo

17 sep 2014 . Actualizado a las 21:26 h.

A Quenlla recibirá o domingo, en Meira, unha homenaxe cuxo programa se presentou esta tarde en Santiago. O escritor David Otero, o coordenador da Asociación Cultural Xermolos, Alfonso Blanco, e o alcalde meirego, Ramiro Pérez, presentaron os actos, que se desenvolverán, dende o mediodía ata a noite, no Pedregal de Irimia e máis no centro da vila. Ás doce e cuarto do mediodía, no Pedregal o músico Baldomero Iglesias, Mero, lerá un manifestio de afirmación do país; logo, ás dúas da tarde, terá lugar un xantar de homenaxe no centro da vila, e ás cinco comezarán as actuacións musicais: a banda de Meira, a banda de gaitas de Meira, Miro Casabella, Tino Baz ou Xiana Lastra animarán una xornada na que o gerupo A qUENLLA ACTUARÁ PARA PECHAR OS ACTOS.