O BNG pregunta polo protocolo de violencia de xénero do Concello de Lugo

LUGO

Los nacionalistas dicen que no existe

19 ago 2014 . Actualizado a las 17:02 h.

O grupo municipal do BNG no Concello de Lugo rexistrou unhas preguntas para saber en que estado de elaboración se atopa o protocolo para a prevención da violencia de xénero. Xa preguntaron, recordan, polo estado da súa elaboración en abril de 2013. «Cando asasinan a unha muller todo son boas intencións, pero as administracións teñen que ter o traballo feito antes para previr máis mortes», indicou a concelleira Cristina Ferreiro.