«Tiña moito pelo e a cara redondiña e rosadiña. Estou segura de que estaba viva»

La Voz

LUGO

24 jul 2014 . Actualizado a las 07:02 h.

«Tiña moito pelo negro e a cara redondiña e rosadiña. Estou segura de que estaba viva». Así describe Caridade o único recordo que ten da súa filla. Unha imaxe que a acompaña desde 1962. «Penso nela todos os días e todas as noites», subliña. Durante décadas tivo pesadelos a diario, pero nos últimos tempos, desde que presentou a denuncia e se animou a buscala, os malos soños convertéronse en positivos. «Con volver ver a cariña daquela criatura xa me sentiría satisfeita. Ten a vida feita e outros pais que a criaron, e se non quere saber nada de min aceptaríao, pero sempre tiven a esperanza de que estaba viva».