Lista de espera en Guitiriz pola poesía

Xosé María Palacios / Suso Pena GUITIRIZ

LUGO

FOTO SUSO

Hai visitas para percorrer lugares vencellados coa vida e coa obra de Díaz Castro que están xa apalabradas para o vindeiro curso

17 jun 2014 . Actualizado a las 22:07 h.

A poesía ten un imán en Guitiriz. Xosé María Díaz Castro, de cuxo nacemento se cumpriu un século en febreiro e que en maio foi homenaxeado no Día das Letras Galegas, está a converterse nun reclamo para achegarse ao concello onde naceu e morreu. Proba dese interese é o feito de que as visitas de centros de ensino que se veñen repetindo dende hai meses terán continuidade no vindeiro curso: algúns colexios están xa a agardar o momento no que lles corresponde a viaxe.

Entrementres, algunhas tiveron lugar estes mesmos días, Foi o que ocorreu onte, por exemplo, con rapaces dun colexio de Pontedeume, que entre outros lugares visitaron a Casa das Palabras, onde a Asociación Cultural Xermolos garda un importante legado documental do autor de Nimbos.