Homenaxes polo centenario de «Cilistro»

LUGO CIUDAD

LAGO

Cúmprense cen anos do nacecemento de Celestino Fernández de la Vega, autor do imprescindible «O segredo do humor»

17 feb 2014 . Actualizado a las 20:25 h.

Celestino Fernández de la Vega (Friol, 1914-Lugo, 1986), coñecido como «Cilistro» foi unha das mellores cabezas pensantes que tivo a cultura galega do século XX e pasará á historia da literatura galega por unha obra fundamental, «O segredo do humor» (1963), unha reflexión sobre conceptos como o humor e a saudade, sobre o humorismo, «esa forma de humor que nos fai sorrir e á vez nos conmove», como sinalou hai anos o seu biógrafo, o artista Siro López.

Dous colectivos culturais da cidade de Lugo renderán esta semana homenaxe ao autor galego polo centenario do seu nacemento. Mañá martes, ao mediodía, el Clube Valle Inclán promove a colocación dunha placa no edificio no que residiu unha grande parte da súa vida, Rúa Doutor Gasalla, 30. Está previsto que acudan os veciños da zona e o alcalde de Lugo, José López Orozco. Cilistro foi membro fundador do clube cultural lucense e figura como socio número 1 do mesmo.

Por outra parte, o colectivo Cultura do País promove para este venres duas actividades para lembrar a figura dun dos fundadores da editorial Galaxia. A profesora da Facultade de Humanidades de Lugo, Marís Xesús Vázquez Lobreiras, disertará sobre a influencia da filosofía alemá na obra de De la Vega. Será a partir das oito do serán na cafetería Canela, na Praza Maior. Ese mesmo día, ás dez e media da noite, ca cafetería Casablanca haberá un espectáculo de narración oral titulado «O segredo de Celestino», da man de Lois Pérez e o grupo Estercophonics, formado polo Mestre Rulos ao saxo e Fernán Gómez á guitarra.