A Sociedade Micolóxica Lucus expón 251 especies de cogomelos comestibles e tóxicos no colexio Rosalía de Castro

Lucía Rey
Lucía Rey LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

Alberto López

A mostra permanecerá aberta ata as oito da tarde

17 nov 2013 . Actualizado a las 15:34 h.

A Sociedade Micolóxica Lucus organiza a duodécima Exposición de Cogomelos de Lugo, que desde primeira hora da mañá permanece aberta ao público no colexio Rosalía de Castro. Nela exhíbense 251 especies diferentes de fungos divididos en tres categorías: comestibles, non comestibles ou sen valor culinario, e tóxicos. O 99% deles foron recollidos no entorno de Lugo nas últimas datas, como explicou un dos directivos da asociación, José Castro. «Os cogomelos dependen da humidade, da luz, da temperatura, do calor..., e este é un ano moi bo de setas porque non fixo moito frío e choveu bastante», subliñou o experto. A iniciativa ten un carácter científico e divulgativo sobre os cogomelos, pero tamén sobre o respecto á natureza. Para o mediodía estaba prevista a entrega de premios dun concurso infantil. Permanecerá aberta ata as oito da tarde. O ano pasado pasaron pola exposición unhas 1.500 persoas, segundo a organización.