A asociación Antonio Gandoy comprou a maioría dos bens da extinta Preescolar na Casa

Lucía Rey
lucía rey LUGO / LA VOZ

LUGO

CEDIDA

Dez extraballadores da fundación poxaron no Mercantil para conservar o legado do programa educativo

22 mar 2013 . Actualizado a las 06:55 h.

A asociación socio-educativa Antonio Gandoy comprou onte a maioría dos bens da extinta fundación Preescolar na Casa na poxa celebrada no Xulgado do Mercantil de Lugo. O colectivo sen ánimo de lucro está formado por dez antigos traballadores dun programa que puxo en marcha o coñecido como «cura da bicicleta» no 1977 e que foi pioneiro no eido educativo de atención á infancia. Adquiriron catro dos cinco lotes que entraron na venda pública, e nos que destacaban os libros, o material didáctico, os xoguetes e o material informático.

A marca, por 500 euros

Tamén compraron a marca Preescolar na Casa, que foi adxudicada por 500 euros. En total pagaron do seu peto 1.200 euros. Unha cantidade «que parece moi pequena» polo enorme patrimonio inmaterial do subastado, como destacou unha das portavoces da asociación, María Luisa Rey. Novagalicia Banco abonou os preto de 39.000 euros que quedaban por saldar da hipoteca do local que tiña a fundación na rúa Alexandre Bóveda.