Festas de San Cristovo. Moita música para tres días de festexos

La Voz

LUGO

10 ago 2012 . Actualizado a las 07:01 h.

As seis orquestras que amenizarán estes días as festas de Baleira encherán de música cada recuncho do concello, aínda que nestes festexos haberá tamén espazo para outras actividades, coma o tradicional torneo de tute da tarde do sábado, xornada na que actuarán as orquestras Tambo e American Top. O domingo amencerá co pasarrúas do grupo lalinense Xuncos. Logo da misa e a procesión cos santos, a orquestra Tekila tocará na sesión vermú, e tamén na verbena, neste caso xunto a Jerusalén.

Concello de Baleira

Días: Dende hoxe ata o domingo

Horario: Todo o día

Entrada: Asistencia libre