Nenos de Meira aprenden a coidar o medio ambiente no campamento de verán

La Voz

LUGO

CEDIDA

Vinte pequenos participan nas actividades que se celebran xunto ao nacemento do Miño

10 jul 2012 . Actualizado a las 23:41 h.

Por quinto ano consecutivo, a asociación Eme de Meira, co apoio da Área de Cultura da Deputación, puxo en marcha un programa de actividades de verán no que están a participar vinte nenas e nenos de 3 a 12 anos, que recibiron a visita do delegado de Cultura e Turismo do organismo provincial, o nacionalista Mario Outeiro. No campamento infantil deste ano, os organizadores quixeron facer fincapé no coidado e respecto polo medio ambiente, así como no coñecemento da natureza e riqueza ambiental do propio municipio, algo que se ve reforzado pola ubicación onde se desenvolve o campamento, que ten lugar nunhas instalacións cedidas polo Concello de Meira para a ocasión. Trátase dunha aula de madeira situada preto do nacemento do río Miño, no Pedregal de Irimia, que se realizou hai anos pensando en equipala como unha aula de interpretación da natureza pero que nunca se chegou a habilitar para tal finalidade. Polo tanto, este é o primeiro uso que se lle dá para unha actividade deste tipo logo de que membros da asociación Eme de Meira recuperasen o seu contorno e a habilitasen para poder ser utilizada polos nenos e nenas.