tribuna

O bo da fisioterapia no párkinson

Valoración Con: 1 estrella 2 estrellas 3 estrellas 4 estrellas 5 estrellas   votos ¡Gracias! Envíando datos... Espere, por favor.

Os enfermos de párkinson experimentan a miúdo entumecemento ou rixidez dos músculos, así como dificultades para moverse e problemas no equilibrio e a postura corporal. Os fisioterapeutas tratan os principais síntomas da enfermidade como son o temblor, a rixidez dos músculos e das articulacións mediante o uso de exercicio e prácticas de relaxación, tratamentos físicos tales como a calor e o frío, así como co movemento das articulacións e o estiramento dos músculos. Os músculos que apenas utilizan tenden a perder forza. Por ese motivo, os profesionais aconséllanselles uns determinados exercicios para manter ou aumentar a forza do músculo.

Por outra banda, as persoas que sofren párkinson teñen a miúdo dificultades para realizar as accións da vida cotiá tales como andar normalmente, levantarse dunha cadeira, darse a volta na cama ou levantarse dela. Os fisioterapeutas poden ensinar aos pacientes a maneira de afrontar estes problemas e conseguir que sexan máis doados.

Os fisioterapeutas tamén poden axudarlles a manter unha postura correcta e a manter o equilibrio. Ensinaranlles a reducir os riscos de caídas e que facer en caso de que caian.

Dende a asociación de Lugo aconséllaselles a realización de exercicios nos seus fogares, xa que se sentirán máis cómodos e máis seguros e, por conseguinte, máis independentes na súa vida persoal. Recoméndase acudir pronto a un fisioterapeuta polo importante que é a intervención precoz nestes casos, xa que é determinante para a evolución futura da enfermidade.