A época na que buscaban familias «tocando portas e rezando para que non botaran o can»

Valoración Con: 1 estrella 2 estrellas 3 estrellas 4 estrellas 5 estrellas   votos ¡Gracias! Envíando datos... Espere, por favor.

María Xosé e Cristina confesan que Preescolar foi para elas «moito máis ca un traballo». «É unha vocación na que che vai a vida porque te atrapa. Axudar ás familias faite sentir útil, faite sentir ben», comenta a primeira, que ata o mes pasado coordinou os grupos da comarca de Sarria. Un grupo de familias con nenos de 0 a 3 anos que participaban neles criticou publicamente o seu despedimento, e destacou que «merece unha nota moi alta como docente e persoa, e gañou o cariño de moitas persoas da comarca».

Cristina fixo de todo. Desde coordinar equipos, a elaborar a revista Preescolar na Casa, pasando por cubrir baixas de orientadores ou traballar na administración. «Fixen sempre o que me pediron», engade. As dúas profesionais viviron os anos difíciles. «Cando para organizar reunións tiñamos que ir tocando nas portas e rezando para que non che botaran o can», comenta María Xosé, que comezou na zona de Pedrafita. «Gandoy dábache a forza para facelo porque cría que a suma do traballo de todos era o que valía», recoñecen.

Mamás que foron nenas de PnC

«Agora o concello envía unha carta para convocar unha reunión e aparecen dez familias, pero daquela o de Preescolar aínda soaba raro. Houbo que abrir camiño», engadiu a orientadora de Sarria. Nos últimos tempos tivo nos grupos «a mamás que no seu día foran nenas de Preescolar», sorrí. As dúas destacan que todos os despedidos quedan nunha situación persoal complicada.