«A romaría de Gaioso xa cumple os 27 anos e celebrarémolo con moitas actuacións»

La Voz X.C. | LUGO

LUGO

13 jul 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

?osé Manuel Pernás é o presidente da Asociación Cultural Penas de Rodas, de Gaioso-Outeiro de Rei. O colectivo, que desenrola unha ampla actividade ao longo do ano prepara xa a súa tradicional romaría que terá lugar na área recreativa o vindeiro 5 de agosto. O programa xa está rematado. -¿Qué ofertan este ano? -A romaría de Gaioso xa cumpre os 27 anos e celebrarémolo con moitas actuacións. Estará a Escola de Gaitas da asociación, o noso grupo de teatro, o colectivo Gaita de Pedra e contaremos coa actuación especial dos gaiteiros Pepe Vaamonde e Luís Rodil. A maiores, o feiticeiro David Méndez ofreceranos a súa maxia e non faltará, como xa sucedeu en anos anteriores, a charanga de Vilalba. -¿Quen vai ser o pregoeiro? -O pregón correrá este ano a cargo de Xurxo Souto, xefe de programas da Radio Galega e fundador de Os Diplomáticos de Monte Alto. Falará á unha menos cuarto, despois de que actúe a escola de gaitas da nosa asociación. Logo teremos unha misa campestre e ás dúas empezaremos o xantar na área recreativa. Pola tarde terá lugar o resto das actuacións. -¿Que outras novidades teñen este ano? -O sábado, día 4 de agosto, será montada unha estación de radioafeccionado por parte dos socios do Radio Club Lugo. Recuperamos a tradicional colaboración con este colectivo.