Ampla presenza de diversos sectores no acto de entrega

La Voz

LUGO

12 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

Ao acto de onte asistiron políticos: había alcaldes e concelleiros dos concellos da Mancomunidade -todos do PP-, pero tamén candidatos doutros partidos -por exemplo, Juan José Díaz Valiño, aspirante á alcaldía de Castro de Rei polo PSOE-. Tamén houbo representantes do mundo cultural e social: acompañaron a Carballo o profesor Manuel Vila -impulsor de diversas iniciativas en Muimenta-, o crego Uxío García Amor -membro do equipo pastoral de Santa María de Vilalba e profesor de Carballo no Seminario de Mondoñedo- e o presidente da asociación de pensionistas, Bernardino Barreiro, entre outros.