O álbum infantil «Maruxa», entre os mellores libros de cociña do mundo

Olalla Sánchez Pintos
Olalla Sánchez SANTIAGO

CULTURA

Os «Cookbook Gourmand 2014», considerados como os Oscar na materia, premiaron o título da editorial galega OQO

06 feb 2017 . Actualizado a las 13:41 h.

O álbum Maruxa, da editorial galega OQO, é un dos títulos galardoados nos «Cookbook Gourmand 2014», premios que seleccionan os mellores libros de cociña de todo o mundo. A obra infantil foi premiada na categoría «Best Illustrations Cookbook», na súa edición en galego. Os Gourmand, coñecidos popularmente como os Oscar da materia, levan Os Gourmand, coñecidos popularmente como os Oscar da materia, levan máis de 15 anos premiando os mellores títulos gastronómicos.

Un libro de moita retranca

Maruxa é a adaptación dunha canción tradicional polaca e forma parte do proxecto «Cociña de Contos. Europa á carta», unha iniciativa que relaciona a literatura e a gastronomía para o público infantil. O libro galardoado, publicado en febreiro do ano pasado, narra con moito humor e retranca a historia dunha muller que, farta de facerlle a Pepiño o pan todos os días, decide darlle unha lección e amosarlle que o traballo na casa é cousa de dous. O traballo,  con texto da pontevedresa Eva Mejuto e ilustracións da portuguesa Mafalda Milhões, busca provocar a reflexión e lograr un sorriso nos lectores máis novos. Ademais tamén lles inicia no proceso de elaboración do pan. 

O título, destinado a pequenos a partir de 3 anos, optará, ao igual que  o resto dos finalistas de cada país, ao título «The best in the world». O proceso final terá lugar en Yanyai, en China.