Nova ocasión para percorrer a Terra Chá coa poesía

Xosé María Palacios Muruais
Xosé María Palacios VILALBA / LA VOZ

LUGO

Unha publicación que se presenta o venres en Vilalba, «Os camiños da Chaira na poesía», é unha antoloxía poética de poetas da comarca

08 may 2012 . Actualizado a las 14:43 h.

O volume, editado polo IES Basanta Silva co apoio do Iescha, inclúe textos de autores chairegos do século pasado, e quere contribuír á campaña que procura perante a Unesco a delcaración dos camiños xacobeos do Norte como patrimonio mundial. O Camiño Norte percorre varios concellos da Terra Chá, mentres que o Primitivo entra en Lugo pola Fonsagrada.