Día das Letras Galegas 2004, Xaquín Lorenzo Fernández

Xosé Manuel González Reboredo

OURENSE CIUDAD

14 may 2012 . Actualizado a las 19:30 h.

Xaquín Lorenzo Fernández formouse como investigador cos membros da xeración Nós e no Seminario de Estudos Galegos. Ademais de exercer a docencia, colaborou con institucións como o Museo Provincial de Ourense ou a Coral de Ruada. Membro da Real Academia Galega e divulgador da cultura mediante a palabra, deixou, así mesmo, unha ampla bibliografía que comprende 114 títulos, a maioría dedicados á arqueoloxía prehistórica, clásica ou medieval e, sobre todo, á etnografía. Por iso debemos consideralo como un meritorio arqueólogo e un moi destacado etnógrafo da Galicia do século XX. A arquitectura popular, o instrumental agrario, os oficios e embarcacións como a dorna foron obxectivo da súa actividade, reforzada pola habilidade para o debuxo e a fotografía, aínda que tamén se ocupou do léxico rural, os xogos, as crenzas, as festas ou a literatura oral.

Xa na década dos setenta do século XX, don Xaquín asumiu unha nova meta, a de participar no nacemento e primeiros pasos do Museo do Pobo Galego, a grande ilusión dos seus últimos anos.

* Obra

-A arte popular nos xugos de Galicia, 1935

-Parroquia de Velle, 1936 [en colaboración con López Cuevillas e Vicente Fernández Hermida]

-Etnografía. Cultura material, 1962 [en Historia de Galiza, dir. Otero Pedrayo]

Xaquín Lorenzo Fernández

*Ourense, 1907

*Lobeira, 1989