Día das Letras Galegas 1996, Xesús Ferro Couselo

Francisco Cidrás

OURENSE CIUDAD

14 may 2012 . Actualizado a las 19:33 h.

Xesús Ferro Couselo é unha figura senlleira no coñecemento científico da lingua e da cultura galegas e na súa defensa e reivindicación en tempos difíciles. Non produciu creación literaria, pero si unha importante obra científica nos eidos da historia, a arqueoloxía, a etnografía? na súa condición de director do Arquivo Histórico e do Museo Arqueolóxico de Ourense. Particular interese posúe a súa investigación filolóxica, centrada na historia do galego, na onomástica e sobre todo na edición de textos galegos medievais.

Pero máis alá da súa vida discreta como investigador de gabinete, Ferro Couselo foi un activista de Galicia, do galeguismo e do galego: como membro do Seminario de Estudos Galegos, como un dos fundadores do Partido Galeguista e das súas Mocidades ou, xa durante a ditadura, como persoa estreitamente vinculada ás principais institucións do galeguismo: a editorial Galaxia, a revista Grial, o Padroado Rosalía de Castro, a Asociación Cultural Auriense e moitas outras iniciativas que impulsou. Tamén como membro da Real Academia Galega, dentro da cal foi un dos promotores, xunto con Fernández del Riego, da institución do 17 de maio como Día das Letras Galegas.

* Obra

-A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XII ao XVI, 1967

-Como e por que os escribáns deixaron de empregar o galego, 1958 [en Homenaxe a Ramón Otero Pedrayo]

Xesús Ferro Couselo

*Valga, 1906

*Ourense, 1975