Morre aos 103 anos a avoa de Sober 

La Voz

SOBER

No municipio viven agora sete mulleres e un home que xa cumpriron os 100 anos

12 oct 2015 . Actualizado a las 18:14 h.

Sober acaba de perder á súa veciña de máis idade. Concepción Álvarez Vázquez morreu con 103 anos, dous meses antes de cumprir os 104. A muller foi enterrada esta tarde nunha cerimonia á que asistiron familiares e amigos.

Concepción Álvarez nacera en Neiras, pero vivía na coñecida como casa Valexo, na aldea de Viloudriz, pertencente á parroquia de Refoxo.

O goberno local de Sober fixo públicas as súas condolencias a familia e amigos polo falecemento desta muller.

Según a información facilitada polo Concello, tras a morte de Concepción Álvarez, Sober ten empadronadas oito persoas de máis de 100 anos. Trátase de sete mulleres e un home que viven nas parroquias de Gundivós, Doade, San Martiño de Anllo, Vilaescura, Rosende, Refoxo, Figueiroa e Bulso. E no ano 2016 cumprirán os 100 anos outras cinco persoas, dous homes e tres mulleres.