O incendio da montaña de Quiroga leva queimadas xa 80 hectáreas

La Voz

QUIROGA

A primeira hora da mañá seguía activo e aínda  sen controlar

23 abr 2017 . Actualizado a las 14:40 h.

O  incendio forestal que empezou onte na parroquia de Outeiro, no municipio de Quiroga, permaneceu activo durante toda a noite e a primeira hora da mañá aínda non estaba controlado. A Consellería de Medio Rural apuntaba que os cálculos efectuados pouco antes das dez e media da mañá apuntaban a que neses momentos xa arderan ao redor de 80 hectáreas de terreo.

O incendio empezou á unha e media da tarde do sábado na mesma parroquia do norte de Quiroga que hai un mes sufrira o que ata agora eera o incendio máis grande deste ano no sur da provincia de Lugo. Aquel lume queimara perto de cincuenta hectáreas e comezou de xeito accidental, a causa dunha fogueira acendida por un veciño para asar uns chourizos.