O Concello de Quiroga convoca un concurso de pinchos para os negocios hostaleiros locais

La Voz LA VOZ | QUIROGA

QUIROGA

06 mar 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

? Concello de Quiroga convocou por primeira vez un concurso de pinchos para os establecementos hostaleiros do municipio, que se desenvolverá entre o 26 de marzo e o 1 de abril. Durante este tempo, os negocios que participen no certame deberán ofertar un «pincho autóctono» -elaborado con ingredientes típicos da zona- ao prezo dun euro. Estes pinchos serán valorados por un xurado, que terá en conta «a orixinalidade, o sabor, a presentación, a calidade e a denominación» dos preparados. As bases do certame establecen un premio único, denominado Pincho quirogués 2007, dotado con sesenta euros e unha placa conmemorativa. Distintivos Os participantes poderán inscribirse ata o día 23 na Casa de Cultura ou no teléfono 982????435??????125. Aos negocios que concursen facilitaraselles un distintivo para que o coloquen no exterior dos locais durante os días que dure o certame. O xurado cualificador estará formado por estudantes de hostalería e representantes do Concello de Quiroga. A cata dos pinchos lavarase a cabo o primeiro de abril, entre a tarde e a noite.