Un cruceiro do Incio tallado en 1866 corre un serio perigo de derrubarse  

La Voz

O INCIO

A base do monumento foi rota probablemente por un tractor 

18 feb 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Un cruceiro situado nos arredores da igrexa parroquial de San Pedro do Incio leva varias semanas en perigo de derrubarse a causa do deterioro da súa base. O cruceiro, tallado en mármore nativo da zona e datado en 1866, está asentado sobre un pedestal de pedra que actualmente está partido en dous, o que ameaza seriamente o seu equilibrio. 

En opinión dun veciño da zona que denunciou a súa situación, a base debeu romperse ao ser golpeada por un tractor ou algún outro vehículo. O cruceiro, segundo explica, leva entre un mes e dous meses nesta situación sen que se tomase ningunha medida para salvalo. «Polo sitio en que se encontra, debe ser propiedade da igrexa, pero nin o bispado nin o concello fixeron nada para arranxalo e calquera día pode virse abaixo», agrega esta persoa.