Los expertos avalan la importancia histórica del colegio del Cardenal

Carlos Cortés, Christian Rodríguez MONFORTE

MONFORTE DE LEMOS

CARLOS CORTÉS

El presidente de la Xunta y el alcalde acudieron a la apertura del cuarto centenario

02 ago 2019 . Actualizado a las 21:50 h.

La conmemoración del cuarto centenario de la consagración de la iglesia del colegio del Cardenal está ya en marcha. Una mesa redonda y la intervención de los máximos representantes de la Xunta y el Ayuntamiento puso en marcha ayer una programación preparada por la fundación que dirige el colegio y que pretende promover el conocimiento sobre la importancia histórica de este monumento, el más representativo de Monforte junto con la torre medieval de San Vicente y cuya declaración como bien de interés cultural (BIC) está ya en marcha.

A la apertura de la conmemoración de los cuatro primeros siglos de existencia de la iglesia y el colegio asistieron el presidente de la Xunta y el alcalde de Monforte, este último en calidad también de máximo responsable de la Diputación de Lugo. Los dos asistieron como público a la mesa redonda que abrió estas jornadas de conmemoración, que terminarán el domingo con una misa oficiada por el obispo de Lugo.

En la mesa redonda, presentada por el director del colegio, Pablo Blanco, participaron las arquitectas Rosana Guerra y Luisa Serrano y la restauradora Dolores Lago ?las autoras de la declaración técnica del colegio como bien de interés cultural? y el subdirector xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais, Manuel Chaín. Desde sus respectivas disciplinas, todos confirrmaron la importancia histórica del colegio.

Al término de las cuatro ponencias, el alcalde y el presidente de la Xunta tomaron la palabra para destacar la importancia del colegio en la historia no solo de Monforte, sino también del conjunto de Galicia. Alberto Núñez Feijoo explicó que el inicio del expediente para la declaración del colegio como BIC demuestra que el Gobierno gallego quiere que la «rica historia» de este edificio «ocupe o lugar que merece». Por su parte, José Tomé, apuntó que «afondar na historia do colexio do Cardeal fortalece a nosa identidade como pobo».

Esta primera jornada terminó con un concierto a última hora de la tarde del pianista Ernesto Maseda en la iglesia del colegio.

Las celebraciones en torno al centenario continuarán hoy, con una mañana de puertas abiertas con visitas guiadas y una conferencia de Francisco Javier Agudo, gerente de la fundación del colegio.

Rosana Guerra: «Debemos comezar a combinar a difusión cultural co entretemento»

Rosana Guerra é unha arquitecta especializada no patrimonio histórico e conta ademais cunha longa traxectoria como docente na Universidade de Santiago. Foi unha das profesionais encargadas de documentar a declaración do Colexio da Compañía como ben de interese cultural. Guerra, que investigou a fondo este símbolo monumental de Monforte, participa nas xornadas de conmemoración do cuarto centenario da igrexa da Compañía.

-Que elementos de interese arquitectónico posúe o colexio da Compañía?

-O máis interesante é a unidade de estilo que se mantén en todo o conxunto. Isto é un logro tendo en conta que dúas partes do claustro construíronse con tres séculos de diferenza. Entre todos os elementos destacaría a cúpula, a escaleira monumental e as dúas monteas, que son as grandes descoñecidas.

-Que son as monteas?

-Son uns debuxos que os canteiros utilizaban como moldes para cortar as pedras das bóvedas. Estes planos feitos sobre xeso nas paredes ou no chan acostumaban ocupar cuartos enteiros xunto aos obradoiros. Todo un documento histórico.

-Que carateriza á igrexa?

-Unha bóveda espectacular e a súa cúpula trasdosada. É a única cúpula en Galicia na que se ven as pedras por fóra.

-O expediente da declaración do BIC suxire a aplicación dun plan director para a conservación do monumento. Que elementos se restaurarán?

-É necesario intervir nun pasadizo de comunicación coa iglesia, pero o máis urxente é arranxar as cubertas. Debe substituirse a tella actual colocada na obra de 1987, xa que as filtracións de auga son un perigo.

-É preciso un maior seguimento do patrimonio por parte das administracións?

-A administración debería intervir cando os problemas son máis doados de solventar, en lugar de esperar a que avance o deterioro da arquitectura.

-E máis investimentos?

-Os orzamentos sempre son limitados e marcan prioridades. Os cartos adicados á conservación do patrimonio son proporcionais ao valor que ten para a xente. Hai que educar á sociedade para que coñeza o seu patrimonio e se enorgulleza del. Quizais debamos de comezar por aí.

-Un dos actos programados polo centenario é unha mesa redonda que trata sobre a importancia histórica e social e o valor social dos bens patrimoniais. Con que actividades podería divulgarse mellor os tesouros da Compañía ante a poboación?

-Se non coñeces o patrimonio, nunca serás capaz de aprecialo nin de gozar del. As visitas guiadas son unha ferramenta útil se están ben pensadas e consegues unha narrativa lixeira e amena. Difusión cultural e entretemento deben combinarse, por exemplo, introducindo a realidade aumentada como apoio del relato. Son cousas que xa se están a facer con algúns monumentos.

-Que valoración fai dos 400 anos de historia deste complexo monumental?

-O valor da Compañía reside na preservación da súa función orixinal que era acoller o colexio. É unha institución que tivo moita influencia durante séculos, marcando varias xeracións de monfortinos e xente de máis aló da comarca. Debemos garantir que isto siga sendo así.