Homenaxe interxeracional a Manuel María

La Voz

MONFORTE DE LEMOS

ROI FERNÁNDEZ

O centro de maiores de Afundación de Monforte acolle hoxe un obradoiro de ilustracións sobre textos do poeta

30 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O Centro de Maiores Afundación de Monforte  acollerá hoxe unha actividade interxeracional en homenaxe ao protagonista do Día das Letras Galegas. Alumnos do Colexio Novo participarán a partir das 10.30 horas nun obradoiro titulado "Ilustrando poemas a Manuel María", no que se realizarán debuxos baseados en textos literarios do poeta. A actividade forma parte do programa preparado por este centro con motivo do Día das Letras, que se estende ao longo de todo o mes. 

dirixida a escolares, enmarcada dentro da programación deseñadapolaentidade con motivo do Día das Letras Galegas, que se estende durante todo o mes de maio. Nesta ocasión, alumnos e alumnas do CEIP Monforte de Lemos, comezarán ás 10.30 h a actividade «Ilustrando poemas a Manuel María», na que serán protagonistas algunhas das súas poesías máiscoñecidas. Ao máis puro estilo dos grandes ilustradores contemporáneos, os escolares darán fondo e figura ao legado poético de Manuel María. Para poder facer este labor terán que ler, coñecer e profundar no imaxinario do homenaxeado