O Correlingua pasou por Monforte

La Voz

MONFORTE DE LEMOS

Centos de rapaces participaron na etapa local da carreira que reivindica todos os anos máis espazos para a lingua galega

06 may 2015 . Actualizado a las 15:01 h.

Centos de rapaces de oito institutos e colexios participaron esta mañana na etapa monfortina do Correlingua 2015, a carreira anual que reivindica o dereito a vivir en galego. Como é habitual, a carreira empezou en San Vicente e, despois de baixar cara o centro polas rúas do casco medieval, atravesou o Cardeal para rematar no Parque dos Condes.

Unha pancarta na que se podía ler "Galego, a nosa creación común" abría a marcha. Detrás dela, os participantes levaban pequenos cartaces con lemas como "digamos si ao galego" e outras pancartas.

Esta vez acudiron a esta etapa do Correlingua estudantes e profesores de cinco centros educativos de Monforte, os colexios Infanta Elena e ferroviario e os institutos A Pinguela, Daviña Rey e Río Cabe; o colexio da Pobra do Brollón; o instituto Lama das Quendas, de Chantada; e o instituto Cosme López, da Rúa.

Os participantes empezaron a baixar de San Vicente ás once e cuarto da mañá e o acto rematou pasada á unha da tarde, cun concerto de rock do gripo Os Caralludos, formado por estudiantes do instituto A Pinguela. o acto final foi presentado polo músico Xurxo Souto e contou tamén coa participación da concelleira de Cultura de Monforte, Pilar López, que entregou agasallos do Concello aos centros participantes.