Os bombeiros manteñen nun xuízo que foi abusivo o que lles descontaron por ir á folga

MONFORTE DE LEMOS

Vinte deles acudiron á vista que tivo lugar en Lugo

21 abr 2015 . Actualizado a las 17:48 h.

A letrada que representa ós bombeiros dos parques de Sarria, Chantada e Monforte, mantivo que os descontos que lles aplicaron a estes profesionais por exercer o seu dereito á folga foron desproporcionados e abusivos por parte da empresa. Por termo medio a cada bombeiro retiráronlle do seu salario uns 150 euros por cada día que secundaron o paro a finais do ano 2013. A representante da empresa, pola súa banda, considera que ese desconto foi feito en base os días de traballo que teñen fixados e tamén as horas que cada traballador está obrigado a facer. Agora será a titular do Xulgado do Social número 3 de Lugo a que decida ó respecto.