Dúas estradas do Courel, cortadas pola chuvia

La Voz

FOLGOSO DO COUREL

Inundacións causadas polas instensas precipitacións desta noite afectan á estrada que comunica Folgoso coa Pobra do Brollón e á da Campa ao alto do Boi

13 feb 2016 . Actualizado a las 17:46 h.

As fortes chuvias desta noite provocaron inundacións que cortaron catro estradas locais nos municipios de Folgoso do Courel e Cervantes. No caso de Folgoso, as estrada afectadas son a a LU-P-1305, da Campa ao Alto do Boi por Vilar, afectando ás aldeas de Vidallon, Campa e Vilar; e a LU-P-4701, que comunica A Pobra do Brollón co Courel a través de Parada dos Montes.

Según a información facilitada esta mañá pola Deputación, os automovilistas que precisen facer esas rutas dispoñen de desvíos sinalizado por Eiriz e Seceda, e por A Pobra e Quiroga.

O domingo, neve

Ademais, a Deputación ten activado un dispositivo de seguridade para atender as incidencias que se producirán a partires do domingo, cando a provincia de Lugo se verá afectada por un temporal que deixará intensas precipitacións de choiva e neve. O servizo de estradas do organismo provincial prevé que haxa "acumulacións de neve de ata trinta centímetros nos concellos de Fonsagrada, Ribeira de Piquin, Negueria de Muñiz, Navia de Suarna, Becerreá, Cervantes, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Folgoso do Courel, O Incio, Samos, Triacastela, Quiroga, Ribas de Sil; e de ata dez centímetros en estradas de Ourol, Muras, Xermade, Vilalba, Mondoñedo, A Pastoriza, Baleira, Friol, Guitiriz, Paradela e Sarria".