«A colleita de castañas deste ano é mellor que a última»

La Voz

FOLGOSO DO COUREL

ROI FERNANDEZ

A Festa da Pisa celebrará este domingo a súa edición número dezasete  en Froxán do Courel 

02 dic 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Evaristo Méndez preside a asociación cultural Fonte do Milagro, que organiza a Festa da Pisa da Castaña en Froxán do Courel. O festexo gastronómico celebrará o domingo a súa edición número dezasete.

?¿Hai cambios no programa deste ano con respecto ás anteriores edicións?

?Non, seguiremos o mesmo esquema de sempre. Ás once e media da mañá acenderase o sequeiro e despois do mediodía comezarán as demostracións de pisado e abandoxado das castañas secas. O pregón será do actor e humorista Xosé Antonio Touriñán. Sempre chamamanos a xente do teatro, do cine ou da cultura porque queremos manter a festa á marxe da política. 

?¿Cantas prazas haberá para a comida popular?

?Temos un límite de 450 e non podemos subir de aí porque non temos infraestruturas para acoller a máis. En cada edición foi vindo máis xente e a nosa capacidade chegou ao un límite. O perfil de Facebook desta festa ten sobre 6.000 ou 7.000 visitas, pero sería imposible acoller a tantísima xente. Xa para aparcar tantos coches como veñen cada ano é un problema, e iso faise grazas aos veciños da zona que ceden as súas fincas.

?¿Vén xente de fóra de Galicia?

?Sobre todo do Bierzo, que está perto do Courel e tamén ten moita relación co mundo da castaña. Nesa comarca non teñen a tradición da pisa e chámalles moito a atención. E tamén  vén xente de toda Galicia. 

?¿Como foi a colleita de castañas deste ano na zona?

?Foi un ano bastante bon. As castañas saíron abundantes e de boa calidade. A colleita resultou mellor que a do ano pasado, porque desa vez saíron moitas castañas picadas.