Entre a defensa da Compañía de Xesús e o humor retranqueiro

x. estévez QUIROGA

LEMOS

O «Entremés del borracho» é unha das obras literarias máis peculiares do erudito quirogués

11 may 2017 . Actualizado a las 12:47 h.

Ferreño defensor da Compañía de Xesús, o padre Losada atacou sen piedade a todos aqueles que a deostaron, e foron moitos no século XVIII, ata o punto de acadar a súa expulsión en 1767, evento ao que Luis Losada non asistiría, pois xa morrera en 1748. Entre os atacantes contábase frei Juan de Sandoval, a quen Losada envía esta ferinte copla: «Yo Fray Juan de Sandoval, / zaino y zambo de conciencia, /que tengo por deferencia / el género de animal, / de poeta irracional / en solfa puse un pregón; llevó al estilo el bajón, / el tenor la grosería, / el tiple la bobería / y el falsete la intención».

É tamén interesante a Loa ao seu paisano Felipe Gil de Taboada, natural de Bergazos -Donsión, Lalín-, presidente da Real Chancillería de Valladolid, hoxe un cargo semellante ao de presidente do Tribunal Supremo. Consérvase aínda o pazo onde naceu este esgrevio persoeiro, se ben en estado ruinoso. Nun anaco desta Loa advírtese que Luis Losada ten saudades de Galicia: «Yo me estuviera en Galicia, / hartándome de torreznos, / y luego me echara encima, / dos tragos de Rivadavia, luego chocolate de Indias, / luego guindas de la Ulla, / luego fadas en almíbar...»

Mais o padre Losada, aínda que era home austero e padeceu sempre do estómago con fortes dores e tamén sufriu o «tabardillo» ou tifus, describe deste xeito tan retranqueiro e ledo unha esmorga no Entremés del borracho, onde un sancristán, Tumbalobos, rematou bébedo coma un pelello: «Como digo de mi cuento / a la mesa nos sentamos / cosa de treinta cofrades, / muy devotos de San Baco. / Había cuatro pellejos, / y fueron a poco rato, / con los cuatro y con los treinta,

los pellejos treinta y cuatro... / El sacristán que ya estaba / un poco calamocano, / se puso a cantar responsos, / y luego le da un desmayo, / y vomita todo el vino, /

y se lo echa al escribano, / por las barbas, sin decir: / !Agua va! Miró a lo alto / los ojos entre dos luces / el escribano, y llorando /dijo: ?Conjuren señores, / que el cielo se viene abajo. / Llueve si Dios tiene vino?. / Luego todos de contado, / nos pusimos de rodillas, / y estuvimos un gran rato,

si son frores, no son frores. / Estaba puesto a mi lado, / el Alcalde, y soltó un preso, / y al punto todos gritaron: / ?Terremoto, terremoto?. / Y como estaban los cascos / más pesados que los pies, / se iba el suelo levantando

hacia arriba; con que todos / el terremoto tragamos. / Dímonos golpes de pechos / y el pastelero Juan Gato, / pensando que era yo el cura, / me confesó sus pecados, / a la oreja y me besó / el cogote, en vez de mano».

Un home universal

Este é o xuízo de Xacinto Yebra, na primeira biografía do padre Losada, escrita pouco despois de finar, sobre o noso biografado: «Un home universal, que nada se resistía ao seu enxeño, un filósofo consumado nas dúas filosofías, peripatética e moderna, un teólogo perfecto, un polemista inexpugnable, un sutil intérprete das Sagradas Escrituras, un avogado moi sabio nos dous Dereitos, canónico e civil, un orador elegante un poeta excelente, un xeógrafo exacto, un humanista erudito. Á súa comprensión non eran forasteiras nin as Matemática, nin a Física, nin a gramática hebrea, nin a grega, nin as linguas latina, francesa, italiana e española. Estas catro entendíaas e nas catro corría a súa pluma con igual fermosura e brillantez na prosa e no verso. Tiña unha musa poética tan especial e tan flexible a toda variedade de métrica, que non é fácil distinguir cal é o máis primoroso das súa composicións, se a súa inventiva no cómico, a súa harmonía no lírico, o seu sainete no xocoso, ou a súa viveza no fúnebre ou a súa elevación no heroico».

Só pretendín dar a coñecer aos quirogueses e quiroguesas un persoeiro importante da bisbarra, que merecía outra pluma de máis calidade que a miña. Só coñecendo quen fomos podemos axeitar o presente e endereitar o porvir. Dicía o grade historiador francés Marc Bloch, asasinado polos nazis: «A incomprensión do presente nace fatalmente da ignorancia do pasado». A historia é unha arma incruenta cargada de presente e con munición de futuro.