Caspervek Trío pon música a Buster Keaton

La Voz

LEMOS

26 de octubre 1991

26 oct 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 20.15 horas • A Casa de Cultura de Monforte acollerá esta tarde unha singular experiencia musical y visual. A Sociedad Filarmónica organiza un concerto do grupo Caspervek Trío que será acompañado pola proxección do filme Sete oportunidades (Seven chances), unha comedia muda que Buster Keaton dirixiu e interpretou en 1925. A formación surxiu no 2013 no Conservatorio Superior de Música de Vigo cando dous dos seus membros -o pianista Brais González e o percusionista Blas Castañer- se uniron para musicalizar Nosferatu, un clásico do cinema mudo realizado en 1922 polo cineasta alemán Friedrich Wilhelm Murnau. Despois da súa primeira actuación, o grupo incorporou ao violinista Eduards Vecba?tiks. Nos seguintes meses, o trío compuxo as súas propias bandas sonoras -adaptadas ás tendencias actuais- para outros cinco filmes mudos da época clásica. O interese que despertou a súa proposta levou aos músicos a realizar unha xira por unha decena de países europeos.