«Abeer Nehme cantará en galego»

noelia álvarez, C.C. MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

miguel villar

A decimonovena edición do Filandón aposta por músicos de fóra do Courel

28 jul 2016 . Actualizado a las 23:09 h.

O 7 de agosto celébrarase a decimonovena edición da filandón de músicas do Courel. Este festival comezará as seis da tarde en Seoane do Caurel. Este ano estará dedicada a memoria de José López Álvarez, músico da aldea quiroguesa A Seara. Unha das novidades desta edición é a participación da libansea Abeer Nehme, unhas das cantantes máis coñecidas e importantes do mundo árabe. Profesora de música na Universidade Americana de Beirut, Abeer Nehme canta en diferentes estilos e en varias linguas.

-¿Por que unha cantante libanesa no Caurel?

-Abeer Nehme é a primeira cantora do mundo árabe. Decidimos contactar con ela porque canta A Pastora do Caurel, unha das cancións máis emblemáticas e importantes da zona. Que unha artista libanesa interprete esta canción en galego é todo un orgullo para nós.

-¿Como coñece unha cantante de fóra de Galicia unha canción do Courel?

-Abeer Nehme coñece a música do Courel porque é musicóloga e profesora de universidade en Beirut e interesouse pola nosa música e a nosa cultura. É a primeira vez que a música do Courel chega tan lonxe.

-¿Como coñeceu Abeer Nehme a canción de A Pastora do Caurel?

-Hay tres cancioneiros publicados da música do Courel, Abeer interesouse por estes cancioneiros e coñeceu esta canción entre outras.

-¿Como coñeceu usted a existencia desta cantante?

-Abeer Nehme entrevistoume hai cinco anos na televisión nacional libanesa. Convidoume ao seu programa para falar de música da nosa zona e interesouse moito pola música do Courel porque estudia as músicas étnicas.

-¿Foi fácil contactar con Abeer Nehme?

-Non foi nada fácil. Foi moi complicado localizala e organizar a viaxe para que poida estar con nós o 7 de agosto. Contactei con ela grazas á entrevista que me fixo fai uns anos e decidín convidala ao festival.

-¿Terá algún recoñecemento a súa visita?

-Por suposto. Entregarémoslle a tésera da hospitalidade, o maior recoñecemento que existe na música do Courel. Estamos moi orgullosos de que nesta ocasión o recoñecemento sexa para unha persoa de fóra de Galicia.Isto significa que a nosa música segue crecendo grazas a xente como esta cantante que se interesa pola nosa cultura.

-¿Como se consigue traer a unha artista recoñecida do Líbano a un festival gratuíto como é o filandón de músicas do Courel?

-Vén porque lle parece moi importante a historia do filandón do Courel. Hai que agradecerlle a súa amabilidade por participar e interesarse polo festival xa que fai un gran esforzo vindo ata Galicia. O único que corre por parte da organización e a viaxe e a estancia.

-¿Fará máis concertos en Galicia?

-Non, o 7 de agosto actuará no Courel e o 19 do mesmo mes cantará no Baalbeck Folk Festival no Líbano. Ela pediume que neste último festival a acompañase coa gaita na canción de A Pastora do Caurel e aceptei encantado.

-¿Como será o espectáculo?

-O concerto comezará as seis da tarde, Abeer Nehme cantará en galego e en árabe e estará acompañada polos compoñentes da real banda de gaitas do Courel. Tamén actuará como artista convidado o cantautor galego Emilio Rúa e músicos populares da zona como cantores de romances, coplas de cego ou brindeiros.

-¿Apostan cada vez máis pola xente de fóra do Courel?

-Ata agora os cantores eran do Courel. O que queremos é seguir crendo na nosa música e nos seus valores. Encántanos que a nosa música traspase fronteiras e que os músicos se interesen polo noso traballo. Todo o mundo que mime a nosa música está convidado a participar. Estamos conbinando os cantores do Courel con outros artistas coñecidos como Carlos Núñez ou Lucía Pérez que adoran e coidan a nosa terra.

-¿Que espera desta decimonovena edición?

-Un evento potente. Todo o equipo que organizamos a filandón de musicas do Courel esperamos que sexa un éxito e queremos seguir mantendo vivo o espíritu da nosa música por moitos anos máis. Queremos que a música do Courel chegue a todos os lugares do mundo.