O segundo festival As Cores do Outono será na Pobra os días 11 e 12

La Voz

LEMOS

Os grupos Aldaolado e Treixadura e os cantantes Uxía Senlle e Narf figuran no programa 

05 sep 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello da Pobra do Brollón organizará entre os días 11 e 12 o segundo festival As Cores do Outono, que obtivo un notable éxito de público na súa primeira edición. Os responsables municipais sinalaron que esta cita pretende ser unha continuación da Feira Medieval Guímara celebrada o pasado 11 de xullo.

O programa iniciarase o venres ás 21 horas, coa proxección na Casa de Cultura do filme Encallados e un coloquio co seu director, o compostelán Alfonso Zarauza. O sábado, ás 10.30 horas, comezará un percorrido polo entorno natural da zona, guiado polo artista Antón Sobral. Durante a mañá haberá unha feira de artesanía e unha sesión vermú co grupo Deprestado. Ás 21 horas comezará un concerto cos grupos Aldaolado e Treixadura e os cantantes Uxía Senlle e Narf.