Fondo Mentiroso Insolidario

Manuel Dacosta TRIBUNA PÚBLICA

LEMOS

16 jun 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Oluns un alto directivo do Fondo Monetario Internacional (FMI) tivo a ben deleitarnos cuns datos macroeconómicos de España que segundo eles son moi bos. Non pisan a rúa estes cerebritos, e aproveitando os mesmos recomendan apertarlle aínda mais as condicións de vida a xente que non tivo nada que ver na crise claramente provocada polos seus colegas das grandes corporacións e as grandes urbes onde se dirixen os destinos económicos de gran parte do mundo.

FONDO. É impresionante o nivel de cinismo e hipocrisía deste grupo de «economistas de prestixio». non hai mais que ver os últimos presidentes, Rato e Strauss-Kahn, a cada cal mellor exemplo de xestión económica e comportamento social.

MENTIROSOS. Non viron a crise desatada polas medidas tomadas polos seus colegas bancarios e dos mercados financeiros. Pero a solución pasa por recortarlle ás clases medias e aos traballadores os seus dereitos adquiridos a base de traballo e de pagar os seus impostos para ter uns servicios que ninguén regala (porque se financian precisamente co diñeiro deses impostos).

INSOLIDARIOS. Uns señores que gañan cantidades astronómicas teñen a cara dura de pedir máis esforzos, peo non aos que máis teñen e aos que aumentaron os seus beneficios neste periodo. Son directivos que ademais de fundir as súas empresas sangrándoas durante a súa xestión, acabaron de rematalas cando as abandonaban levándose indemnización millonarias. Pois ben a eses non, as familias que teñen dificultades para darlles de xantar ás súas familias, de manter as súas vivendas, de non poder pagar os seus medicamentos ou darlle una educación completa aos seus fillos, e podíamos seguir.... a eses si.

Permítanme utilizar unha frase dun admirado cómico español, José Mota. Nun dos seus squetches, titulado «Españoles por el tiempo», un labrego atópase cun personaxe famoso e despois de falar con el de este rexeitar ir beber co labrego acaba dicíndolle: «Váyase Usted a la mierda». Pois iso.