Concerto en honor a Xosé Filgueira Valverde en Chantada

La Voz

LEMOS

Actuará a coral chantadina e dúas agrupacións musicais de Ourense

15 may 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

A Casa da Música de Chantada acollerá mañá -ás 18 horas- un concerto dedicado ao escritor Xosé Filgueira Valverde, protagonista do Día das Letras Galegas. No recital tomarán parte as corais de Chantada, Auria Canta de Ourense e Amigos da Música de Verín, o grupo de pandeireteiras Suasairas e a banda chantadina.

Na biblioteca municipal de Chantada haberá ás doce do mediodía de mañán unha sesión de contacontos en galego a cargo da narradora Ana Hermida, da asociación cultural Lisístrata. A actividade diríxise aos nenos e os contos tratarán sobre a igualdade entre mulleres e homes.