O PSOE do Saviñao denuncia o envío de máis recibos do IBI, estes para cobrar atrasos

escairón / la voz

LEMOS

27 nov 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

O PSOE do Saviñao pedirá no Concello unha rebaixa dos tipos que se aplican neste municipio ao Imposto de Bens Inmobles (IBI). Os socialistas fan este anuncio despois de que empezase a chegar a moitos veciños unha nova serie de recibos deste imposto, que se suman á suba en vigor desde o pasado mes de outubro e ao incremento xeneralizado de taxas municipais aplicada a partir do 2012.

Segundo os representantes do PSOE local, estes novos recibos anuncian o cobro da diferenza «entre o valor antigo e o novo correspondente aos anos 2011, 2012 e 2013, que en moitos casos supón pagar entre catrocentos e oitocentos euros en concepto de atrasos por actualización de valores catastrais por vivenda».