Piden que se difunda entre os veciños o mapa que delimitará a Ribeira Sacra

monforte / la voz

LEMOS

27 nov 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

A concelleira nacionalista Paula Vázquez pedirá ao Concello de Sober que difunda entre a veciñanza o contido do mapa que porá límites xeográficos ao territorio da Ribeira Sacra para o que se pide a declaración de patrimonio da humanidade. Vázquez cre que a alcaldía debería animar aos veciños de Sober a revisar esta delimitación e a presentar propostas para modificala se o considerasen preciso. Tamén pide ao Concello que consensúe as súas alegacións.