Basilio Cobo presentará o sábado no Centro do Viño os seus dous novos libros

monforte / la voz

LEMOS

30 oct 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

O médico e escritor Basilio Cobo, antigo concelleiro socialista da corporación de Sober, presentará o sábado -ás sete da tarde- dúas novelas no Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte. As obras, publicadas pola editorial A Gracia, títulanse Quen non adora a Dora? e Dick, todo sigue espeso. Segundo os editores, o primeiro destes libros consiste nunha «historia de amor, vida e morte que protagonizan homes e mulleres do común durante a primeira metade do século XX» e cuxa acción desenvólvese entre Valdeorras, A Habana e Bos Aires. A segunda obra, tamén conforme á editorial, é unha novela de ciencia-ficción «distópica e retranqueira» ambientada na Galicia futura do ano 2525.

Basilio Cobo, que asina os seus libros co seudónimo de Básico Rodríguez, publicou anteriormente as novelas A transfusión, O culto oculto, Un sábado longo, Morte ao norte de Portugal e Baubo pubiclub. Todos estes libros, que foron editados ao longo dos últimos dez anos, conforman unha pentaloxía titulada en conxunto Crónica da impunidade.