A asociación Airoá coordina un curso sobre cultura dixital para rapaces de entre 10 e 12 anos que se impartirá esta semana no telecentro de Chantada. O obxectivo deste obradoiro e, según explican os seus organizadores, facilitar a aprendizaxe crítica no uso das novas tecnoloxías e as súas aplicacións para a comunicación.
O curso será impartiro por Fran Quiroga e Andrea Olmedo, que entre outras cousas achegarán aos participantes os coñecementos necesarios para que poidan utilizar tecnoloxías de código aberto aplicadas ás redes sociais e ás ferramentas dixitais de traballo colectivo. As actividades terán lugar entre os días 19 e 22 en horario de dez a dúas. A inscripción é de balde, pero é preciso apuntarse previamente no 649724031 ou en ola@tictactic.