As festas patronais de Escairón serán animadas por sete orquestras

chantada / la voz

LEMOS

27 jul 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

A capital municipal do Saviñao celebrará entre os días 2 e 5 de agosto os seus tradicionais festexos en honor da Virxe das Dores, que serán animados por sete orquestras. Para a primeira xornada festiva está prevista a actuación da orquestra Olympus e un deejay. A verbena do día 3 será amenizada pola formación canaria The Boys Machine e pola orquestra asturiana Élite. O día 4 serán as orquestras Suavecito e Abanico as encargadas de animar o baile popular. Para a última xornada das festas están programadas as actuacións dos grupois Capitol e Ledicia.

Durante as festas, por outro lado, actuarán tamén a Banda de Música de Muimenta e a Charanga Mekánica. Na última xornada festiva haberá ademais fogos artificiais, unha carreira de burros e un torneo de tiro de corda.