Un programa gratuíto que en certos casos require inscrición

La Voz

ESGOS

23 jul 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Todos os concertos e as actividades do ciclo Espazos Sonoros son gratuítos e sen límite de prazas ata que se complete a capacidade. Non obstante, en certos casos é preciso realizar unha inscrición previa.

Para participar na ruta guiada de San Pedro de Rocas hai que apuntarse antre o 13 e o 24 de setembro no enderezo de Internet actividades@espazossonoros.org. Os participantes -hai un máximo de cincuenta- reuniranse no Centro de Interpretación da Ribeira Sacra, situado na antiga casa prioral.

Tamén será preciso inscribirse para asistir ao obradoiro musical do pazo de Tor. Neste caso debe facerse entre o 4 e o 15 de outubro no mesmo enderezo electrónico. Os organizadores sinalan que esta actividade está dirixida a todos os públicos, con ou sen coñecementos de música.

Para participar nas visitas guiadas no pazo de Tor e na igrexa de Pombeiro non será preciso facer unha inscrición previa.