Pili Pampín e a orquestra Sintonía de Vigo actuarán nas festas de Taboada

chantada / la voz

LEMOS

23 jul 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

A capital do municipio de Taboada celebrará entre os días 8 e 11 de agosto as súas tradicionais festas en honor da Virxe dos Milagres, que se abrirán na primeira xornada -ás catro e media da tarde- cunha serie de actividades infantís na zona da Alameda, que comprenderán xogos con inchables e unha festa da espuma. Pola tarde celebrarase no lugar da Chousa de San Pedro a Festa da Mocidade e a verbena será animada polo grupo Claxxon.

O día 9 haberá unha misa con procesión ás doce e media do mediodía, seguida dun concerto da Banda de Taboada. A última hora do día ofrecerase unha verbena amenizada pola cantante Pili Pampín e a orquestra Estrellamar. A xornada principal do festexo será a do día 10, que comezará con misa solemne e procesión á mesma hora que o día anterior. Durante o oficio relixioso cantará a Coral Polifónica de Taboada e seguidamente haberá unha nova actuación da banda taboadesa. Ás seis da tarde comezará no campo de fútbol da Medela un partido entre o Taboada e o Atlético de Chantada e na verbena actuará a orquestra Sintonía de Vigo. Por outro lado, o día 11 habrá un xantar popular -denominado Festa do Óso- na Chousa de San Pedro e a verbena será animada pola orquesta América S.L.