Antoloxía poética e ao mesmo tempo guía de campo

La Voz

LEMOS

15 abr 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

A primeira tiraxe de A flora de ?Os eidos? -publicada pola editorial Ézaro- consta de cerca dun millar de exemplares. Unha parte desta primeira edición foi adquirida pola asociación de empresarios de turismo do municipio de Folgoso do Courel, que porá á venda o libro a un prezo algo máis reducido nos establecementos da zona. Os demais exemplares chegarán ás librerías de toda Galicia seguindo os canais habituais de distribución comercial.

O libro foi publicado no formato habitual das guías de campo xa que, a pesar de ser tamén unha antoloxía literaria, o autor e os editores cren que pode servir para descubrir sobre o terreo a flora da Serra do Courel. Guitián confía en que axude á promoción do turismo natural na serra courelá.