«Rogaban que os matasen»

La Voz

LEMOS

<span lang= es-es >Un chiste en «Madrid Cómico»</span>. O xornal satírico Madrid Cómico publicou o 5 de setembro de 1880 no apartado de «Chismes y Cuentos» este irónico conto sobre os lobos hidrófobos de Chantada
Un chiste en «Madrid Cómico». O xornal satírico Madrid Cómico publicou o 5 de setembro de 1880 no apartado de «Chismes y Cuentos» este irónico conto sobre os lobos hidrófobos de Chantada

23 feb 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

O virus da rabia crea delirantes e violentos síntomas que describen as noticias publicadas nos medios de comunicación daquela época sobre estes sucesos. «Atábase a si mesmo, desatándose logo e rompéndose a cabeza por diferentes sitios a consecuencia de batela contra as paredes, precipitando a súa morte. A roupa da cama esnaquizada a mordiscos, así como unha porción de allos e cebolas que lle botaron por orde do señor subdelegado de medicina, en virtude dunha carta que un doutor desta facultade de Barcelona lle dirixiu manifestándolle que os usou con éxito satisfactorio nun hidrófobo que asistira». Algúns pedían un arma de fogo para quitarse a vida; outros rogaban que os matasen para non sufrir máis. A rabia, «ese mortal inimigo cuxos dardos sempre dan no albo, esa enfermidade en cuxa presencia a ciencia crúzase de brazos confesándose impotente».