Abren unha exposición sobre a última execución pública cometida en Monforte

monforte / la voz

LUGO CIUDAD

21 ene 2014 . Actualizado a las 06:45 h.

No Centro do Viño da Ribeira Sacra inaugurarase esta tarde a exposición fotográfica Coma silvas que comen muros, do arqueólogo Iván Álvarez Merayo, que se inspira na última execución pública cometida en Monforte. O acto celebrarase ás oito da tarde e a exposición poderá visitarse durante un mes.

O suceso en que se basea a exposición sucedeu o 3 de outubro de 1941, data en que o factor ferroviario Manuel Pérez Goyanes, condenado a morte por un tribunal militar franquista, foi fusilado nas aforas da localidade, nun campo situado cerca da actual estrada N-120. Pérez Goyanes fora acusado de provocar na estación monfortina un accidente ferroviario que non causou vítimas e que, segundo todos os indicios, tivo un carácter fortuíto. Álvarez Merayo tivo coñecemento deste suceso a raíz dunha reportaxe públicada en La Voz de Galicia no 2003.

A exposición fotográfica xa foi presentada con anterioridade no Museo Provincial de Lugo.