Adegueiros de Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei exploran o mercado británico

La Voz

LEMOS

Reuninarse en Monforte cos organizadores dunha feira de viños españois que se celebrará en marzo en Londres

22 nov 2013 . Actualizado a las 20:10 h.

Adegueiros das denominacións de orixe Monterrei, Valdeorras e Ribeira Sacra reuniranse a semana que vén en Monforte cos organizadores da feira do viño español que se celebrará o próximo mes de marzo en Londres, na edición que fai a número vintecinco. Estudarán posibles vías de acceso ao mercado británico para estes viños. O encontro está organizado pola asociación de municipios do Eixo Atlántico, e asistirán tamén os alcaldes de Verín, O Barco e Monforte.

En representación dos organizadores do certamen vinícola que se celebra en Londres, asistirá María José Sevilla, responsable desa feira e integrante da Oficina Comercial Española no Reino Unido. Según informa o Concello de Monforte, o único punto do orde do día desta reunión, que se celebrará o próximo venres no monfortino Centro do Viño, é a información aos asistentes "acerca do mercado británico, a posibilidade de entrada dos viños galegos e asistencia á feira de viños españois organizada pola Oficina Comercial Española no Reino Unido.